Muxía comeza os actos da romaría da Barca

Este venres comezan os actos da romaría da Barca de Muxía, unhas celebracións agardadas por veciños e visitantes. Os actos relixiosos atraerán a milleiros de romeiros pero tamén o programa de ocio complementario como os concertos musicais. Ademais, como vén sendo habitual, na medianoite do sábado haberá unha espectacular sesión de fogos artificiais.